Just Eat ofrece gastos de envío de balde aos subscritores de Amazon Prime

mércores, 19 de xuño do 2024 Marcus Fernández

Aínda que a meirande dos beneficios que conseguen os subscritores Prime de Amazon corresponden a servizos achegados pola compañía de Jeff Bezos, desta volta sorprenden anunciando unha promoción que consiste en gastos de envío de balde para pedidos superiores a 15 euros a restaurantes a través de Just Eat.
Deste xeito, o servizo de comida a domicilio resulta máis atractivo para os subscritores de Amazon Prime, que para gozar da promoción teñen que ligar a súa conta de Amazon coa de Just Eat, activando así o envío de balde Just Eat Plus (servizo do que podemos consultar os seus temos e condicións na súa páxina web, onde recollen que non todos os restaurantes están adheridos á promoción, e poden mudar en calquera momento).