Kane & Lynch 2: Dog Days estrea demo para usuarios de PlayStation Plus

luns, 19 de xullo do 2010 Marcus Fernández

O servizo de pagamento PlayStation Plus aínda non parece ser moi interesante para os usuarios da PlayStation 3 por falta de contidos exclusivos, pois aínda non conseguiu sumar un catálogo de contidos exclusivos que o fagan atractivo, e para avanzar en tal dirección hoxe estrea unha versión de demostración do xogo Kane & Lynch 2: Dog Days, aínda que cómpre avisar de que o vindeiro mércores estará dispoñible para todos os usuarios da consola de Sony, polo que a subscrición ao servizo Premium da PS3 compensará só aos usuarios máis impacientes.

PUBLICIDADE