Kick-Ass terá xogo para PlayStation Network e iPhone
martes, 23 de febreiro do 2010
A película baseada no cómic de Mark Millar e John
Romita Jr., Kick-Ass,
que estrearase internacionalmente en abril (aínda que segundo parece, a España
non chegará ata o 4 de xuño) e virá acompañada dun videoxogo para a PlayStation Network e para o iPhone,
de xeito que, ao estar ante un título descargable, partimos dun nivel técnico e
de calidade que non deberían decepcionar ao público coma acontece coa meirande
parte de títulos baseados en películas.
O xogo de Kick-Ass debería chegar ao
mercado o 15 de abril (aínda que descoñecemos se o demorarán en España para
axustalo á estrea da película) e trátase dun xogo de acción tridimensional no
que podemos elixir entre 3 personaxes xogables (Kick-Ass, Hit Girl e Big Daddy)
que moveranse por distintos contornos neoiorquinos nos que derrotar a distintos
delincuentes actuando coma super-heroes (pese a que carecen de poderes reais), aderezando a misión principal
con tramas secundarias e minixogos. Tamén contarán cun modo cooperativo local
para 2 xogadores.