Killer Instinct e Deus Ex estarán entre os xogos que recibirán en xaneiro os usuarios Gold de Xbox LIVE
luns, 21 de decembro do 2015
Microsoft
anuncia hoxe
os xogos que durante o mes de xaneiro recibirán sen custo adicional os
subscritores de Xbox LIVE Gold, coa grande vantaxe agora de que todos os
xogos funcionarÃa na Xbox One, xa que os tÃtulos para Xbox 360 son retrocompatibles, o que supón un claro
incentivo para dar o salto á consola de nova xeración da compañÃa de Redmond (en
contraste co que acontece coa PlayStation 4, plataforma que precisa volver
pagar polos vellos xogos de querer gozar dos mesmos).
Xaneiro comeza forte para os usuarios de Xbox LIVE Gold, xa que durante todo o
mes poderán facerse na Xbox One con Killer
Instinct na súa Edición Completa Ultra
(valorada en 39,99 euros), ou sexa, cos loitadores Jago, Sabrewulf, Thunder,
Glacius, Sadira, Orchid, Spinal e Fulgore (xunto con numerosos contidos
adicionais); e para completar a oferta de xaneiro da Xbox One durante a segunda
metade poderase adquirir Zheros, xogo
independente de acción de desprazamento lateral ambientado nun universo
futurista con gráficos coloridos e personaxes tipo cartoon.
Tamén son de primeira liña os xogos de Xbox 360 de xaneiro, con xogo de
condución DiRT
Showdown (valorado en 14,99 euros) no primeiro trimestre, e con
magnÃfico xogo Deux
Ex: Human Revolution (valorado en 14,99 euros) durante a segunda metade
do mes. Este último xogo é todo un clásico moderno do xénero cyberpunk que supuxo a recuperación
dunha franquÃa moi reputada, e que chega nun momento magnÃfico, xa que permite
revisar esta saga antes do verán, cando está previsto o lanzamento de Deus Ex: Mankind Divided, a súa secuela,
que contará con versións para PC, PS4 e Xbox One.
- Os usuarios Gold poderán incluÃr na súa colección de xogos o Deus Ex: Human Revolution de Xbox 360 durante a segunda metade de xaneiro