Killzone 3 e Crysis 2 chegan ás redes P2P antes que ás tendas
luns, 14 de febreiro do 2011- Crysis 2 marca o tope gráfico dos xogos para PC
A piraterÃa sempre fixo moito dano á industria dos videoxogos, pero
existe un tipo de ocasións nas que resulta especialmente prexudicial: cando os
usuarios que non pagan poden conseguir os xogos antes da súa chegada ás tendas.
Isto mesmo vén de pasarlle a 2 dos principais tÃtulos desta tempada,
concretamente á versión para PC de Crysis
2 e ao xogo Killzone 3 para
PlayStation 3.
No caso de Crysis 2 estamos ante un
tÃtulo moi agardado, que non chegará ás tendas ata dentro de máis dun mes, polo
que a filtración dunha copia sen rematar do xogo na rede BitTorrent é un duro
pau para Crytek e EA, que tiveron
que destacar que a versión que circula na Rede non é a definitiva, pois o
xogo aÃnda está sen rematar, e quéixanse do dano que este tipo de filtración
fan á industria dos videoxogos para PC, aÃnda que tampouco afondan na orixe da
copia que está a distribuÃrse, e que parece
incluÃr tanto o modo campaña coma o multi-xogador (incluÃndo a chave mestra
para a activación do xogo en liña).
A filtración de copias sen rematar de produtos non só fan que algúns usuarios
que poderÃan reservar ou comprar o produto o dÃa do seu lanzamento non realicen
tal investimento, á vez que xera unha falsa imaxe do xogo, pois moitos
criticarán o tÃtulo segundo unha versión de proba, descoñecendo o produto
final, que claramente estará máis pulido.
- Na Rede circula o que parece ser unha copia final de Killzone 3
No caso de Killzone 3 a situación
serÃa máis grave non pola antelación (o xogo chegará ás tendas a semana que
vén) senón polo feito de que parece
tratarse dunha copia completa e final da versión europea do xogo para
PlayStation 3, que circula nunha copia de 41,40 Gb na que se inclúe o
tÃtulo co seu modo 3D, á vez que tamén hai copias rippeadas nas que eliminaron tanto o modo 3D como algunha lingua
das incluÃdas no tÃtulo para deixalo en só 22,3 Gb.
Esta filtración poderÃa afectar seriamente ás vendas, polo mero feito de chegar
antes ás redes de intercambio de ficheiros que ás tendas, e coma no caso
anterior o máis condenable deberÃa de ser a orixe das filtracións, pois non
resulta moi comprensible que profesionais dunha industria sexan os que publiquen
as súas estreas antes do seu lanzamento oficial, dinamitando o futuro do
sector.
- Dende Crytek avisan de que a copia filtrada de Crysis 2 está sen rematar