Killzone 3 estreará Beta Pública o 25 de outubro

venres, 8 de outubro do 2010 Marcus Fernández

Os máis impacientes por botar unha partida a Killzone 3 estarán encantados de saber que o vindeiro día 25 vai comezar a súa Beta Pública, que permitirá experimentar co modo multi-xogador deste título tan agardado, e que estará limitada aos 10.000 primeiros usuarios de PlayStation Plus que descarguen un tema especial de Killzone 3 que estará dispoñible na PlayStation Store a partir do 13 de outubro.
Os usuarios seleccionados recibirán un código promocional por correo electrónico xunto coas instrucións para gozar desta Beta Pública, que incluirá o novo modo Operations, o sistema party, o jetpack e os vehículos exoesqueletos.


Trailer de Killzone 3