Killzone 3 terá soporte de 3D

martes, 25 de maio do 2010 Marcus Fernández

Os afeccionados aos shooters que teñen a consola PlayStation 3 sitúan entre os seus títulos de referencia a Killzone 2, que grazas ao seu funcionamento on rails, acada unha experiencia de usuarios case cinematográfica, e incluso antes da celebración do E3 xa sabemos que vai contar cunha secuela de grande calidade, que terá unha ambientación variada (dende terreos post-nucleares ata selvas) e que incluso fará uso de tecnoloxía de visualización 3D se gozamos dun equipo que a soporte.
Dende Guerrilla Games non quedan aí, e aseguran que este novo título levará a carga das SPU da PS3 ao 100%, conseguindo que a consola de Sony dea o seu máximo rendemento. Incluso contará cun mapa que será 10 veces maior que os niveis estándar de Killzone 2, de xeito que chegan a un nivel de aproveitamento técnico inédito, aínda que ata que o produto final sexa unha realidade será difícil crer as declaracións dos programadores do xogo, que xa esaxeraran ao presentar a anterior entrega da saga, dando a entender que un vídeo pre-renderizado correspondería a imaxes in-game, aínda que o feito de que a xente de Naughty Dog (creadores de Uncharted) vaian colaborar con Guerrilla Games no desenvolvemento de Killzone 3 válelles un voto de confianza.

PUBLICIDADE