Killzone Mercenary estrearase para PS Vita o 5 de setembro

luns, 5 de agosto do 2013 Marcus Fernández

Guerrilla vén de confirmar que o seu xogo Killzone Mercenary para PS Vita está a avanzar a bo ritmo, de xeito que nos últimos días estreou unha versión beta limitada a uns poucos afortunado que a finais de mes abrirase ao público xeral, para que poidan facerse unha idea do que achegará o modo multi-xogador co que contará o xogo cando chegue ás tendas o vindeiro 5 de setembro.
Este xogo de acción en primeira persoa está a afinar as súas funcións especiais para que na súa estrea poida achegar unha experiencia á que estamos a gozar en consolas domésticas, pero facendo uso da última portátil de Sony, que entre as súas características físicas ten un par de mandos analóxicos, o que facilita trasladar o sistema de control dos gamepads.
No modo historia de Killzone Mercenary tomamos o papel de Arran Danner, un mercenario contratado para loitar ao lado dos ISA nunha misión de infiltración; mentres que no modo multi-xogador visitarase Corinth River, o centro sanguento da invasión ISA de Helghan, onde haberá que medirse contra outros usuarios.


Vídeo promocional de Killzone Mercenary

PUBLICIDADE