Kinect avanza fóra do ámbito dos videoxogos
xoves, 23 de outubro do 2014
- Ubi Interactive está a crear encerados interactivos en Puebla (México) empregando o sensor de Kinect
Mentres
Kinect perde peso no mundo dos videoxogos (por deixar de ser un accesorio
incluÃdo de serie na Xbox One) vai gañando forza como ferramenta para a
innovación tecnolóxica, por achegar aos desenvolvedores un sensor
tridimensional de movemento a un prezo asumible, de aà que dende Microsoft
decidisen publicar un SDK para facilitar o seu aproveitamento e incluso
lanzasen unha versión
do sensor destinada ao PC. Agora, avanzando nesa mesma liña, presentan
tanto o Kinect
SDK 2.0 como un
adaptador para poder converter o sensor da Xbox One nun accesorio para o PC
(que está á venda por 49,99 euros).
- Care Innovations aproveita a tecnoloxÃa de Kinect para labores de fisioterapia
O Kinect SDK 2.0 permite desenvolver aplicacións para Kinect totalmente de
balde, sen cobrar licenzas para o uso desta tecnoloxÃa, e integrando numerosas
ferramentas para axilizar o desenvolvemento de solucións que recoñezan xestos e
figuras tridimensionais, o que xa de por si é algo moi interesante, pero que
agora aÃnda resulta máis atractivo para os desenvolvedores xa que a Windows
Store vén de estrear unha categorÃa para as aplicacións que fan uso de Kinect,
comezando por Kinect
Evolution, YAKiT,
3D
Bulider e Fusion4D,
de xeito que resulta máis doado dar visibilidade a este tipo de creación e
tirar asà un proveito económico das mesmas.
Actualmente Kinect xa está a aplicarse en numerosos proxectos innovadores, como
os de Care Innovations e Ubi Interactive, que aplican esta tecnoloxÃa para
tarefas de fisioterapia para maiores e como solución de encerado interactivo
convertendo en táctil calquera superficie (e que está a probarse nun colexio
mexicano).
- 3D Builder pode crear modelos tridimensionais empregando Kinect a xeito de escáner