Kitkat xa está presente na terceira parte dos dispositivos con Android
martes, 2 de decembro do 2014
Un dos
grandes problemas que moitos acusan do sistema operativo móbil Android é a súa
fragmentación, que non chega só da diversidade de terminais, senón da
complexidade do seu sistema de actualizacións, que fai que existan moitos
dispositivos activos con versións do sistema moi vellas, o que é un lastre para
a incorporación de melloras nas aplicacións se queren chegar á meirande parte
do público, o que parece que vai camiño de solucionar.
Temos asà que os datos
recollidos durante os últimos 7 dÃas presentan que o vello Android 2.2 está
presente só no 0,5% dos terminais, mentres que as versións 2.3.3-2.3.7 están só
no 9,1%, polo que xa poderiamos considerar que Android 2.x serÃa residual. Pero
estas novas aÃnda non son todo o positivas que deberan, xa que Android 4.4 KitKat, que leva máis dun ano no
mercado, só chegou ao 33,9% dos trebello, superando por moito a calquera outra
versión de Android, pero constatando que moitos fabricantes deixaron os seus
dispositivos ancorados en Android 4.1 (21,3%) e Android 4.2 (20,4), mentres que
Android 4.3 parece unha versión que quedou no medio dun salto evolutivo
(quedando só no 7% dos dispositivos analizados).
Queda agora agardar a que Android 5.0 Lollipop
pegue o seu primeiro estirón no me de xaneiro, para comezar a saÃr nas
estatÃsticas e conseguir imporse tanto nos smartphones de referencia actuais
como nos dispositivos novos.
Outro detalle que podemos salientar é que as pantallas de pequeno tamaño e
baixa resolución (que habitualmente ofrecen os operadores de telefonÃa de balde)
parecen estar en clara decadencia, quedando cunha cota de só o 5,4%, e a alta
densidade xa se impón en preto de 3 de cada 4 dispositivos, deixando claro que
o público é esixente a este respecto.
