Knights of the Old Republic chega por primeira vez a Android
martes, 23 de decembro do 2014
A franquÃa de Star
Wars deu algúns grandes videoxogos ao longo do tempo, e mentres uns
prefiren lembrar con admiración os simuladores de naves especiais da saga X-Wing, outros prefiren destacar os
xogos de rol que permitÃannos encarnar o papel dun cabaleiro jedi participando en múltiples batallas
mentres progresabamos no uso da Forza, e para estes últimos chega agora o claro
referente a Android: Knights
of the Old Republic. Este clásico pode por fin mercarse a través de
Google Play a un prezo promocional de 4,08 euros, destacando polo feito de que
para levar este tÃtulo a smartphones e tabletas non foi preciso recortarlle
elementos (estamos ante unha descarga de 2,4 GB), polo que ofrece unha
experiencia completa.
En Cabaleiros da Antiga República a
acción sitúase 4.000 anos do Imperio Galáctico, con centos de cabaleiros Jedi caÃdos en combate contra os Sith, o
que levará ao protagonista a participar nas contendas, podendo avanzar como
heroe ou ceder ao lado escuro da
Forza (poderanse aprender máis de 40 poderes distintos). O xogo conta con
numerosas localizacións icónicas (como Tatooine e Kashyyyk), personaxes moi
personalizables, oito mundos polos que moverse e a posibilidade de construÃr a
nosa propia espada de luz.
- No xogo poderemos empregar distintos ataques empregando a Forza, e que poderán facernos caer no lado escuro