Kojinsha venderá un ordenador ultraportátil por pouco máis de 360 euros
xoves, 21 de febreiro do 2008
O Asus Eee PC está a crear toda unha febre por introducir no
mercado ordenadores ultraportátiles de baixo custo, sendo o último en chegar á
familia o Kojinsha
E8, que será un equipo de fabricación surcoreana cun procesador AMD Geode
LX800, 40 Gb de disco duro, 512 Mbytes de memoria, pantalla táctil de 7
polgadas cunha resolución de 1.240 x 600 píxeles, altofalantes, lector de
tarxetas de memoria, portos USB e unha autonomía de 3,5 horas.
O E8 destaca por incluír o sistema operativo Windows XP en vez de apostar por
Linux coma outros equipos semellantes, e se venderá a partires do vindeiro día
29 a un prezo que estará entre os 500.000 e 600.000 wons surcoreanos (entre
360,19 e 432,23 euros).