Konami sorprende cunha entrega de balde de Silent Hill para PS5
xoves, 1 de febreiro do 2024
A pasada noite emitiuse un State of Play para dar conta de futuros lanzamentos para PlayStation 5, entres os que figuraba o remake do clásico Silent Hill 2. Pero este non é o único xogo da franquÃa que puido verse, xa que tamén se anunciou Silent Hill: The Short Message, unha nova entrega da serie que chega de balde nun formato curto que quere reavivar o interese pola franquÃa de cara ás futuras entregas en preparación.
Silent Hill: The Short Message vén a ser un petisco, un xeito de introducirse en Silent Hill, atraendo asà a novos xogadores. O xogo colócanos na pel de Anita, moza que tras seguir as mensaxes da súa amiga Maya chega a un decadente bloque de pisos onde semella que se cometeron varios suicidios. AtraÃda polo misterio a protagonista non tardará en perder o seu sentido da realidade ao topar con estraños espazos de outros mundo e un revirado monstro.
Estamos ante unha visión contemporánea á saga de Silent Hill (como denota o feito de que o smartphone forme unha parte fundamental da experiencia), que serve para incrementar a expectación de cara a futuras entregas da serie.
Tráiler de Silent Hill: The Short Message
No caso de Silent Hill 2, aÃnda que a pasada noite se estrease un novo tráiler, seguimos sen saber a súa data de lanzamento.
Tráiler no que presentan o combate do remake de Silent Hill 2