Kracia pon ao servizo das empresas da Pobra un completo programa de dixitalización
venres, 26 de abril do 2024
A cooperativa Kracia da Pobra do Caramiñal, con sede no Coworking Municipal, presentou ante empresariado da Pobra os servizos de balde para a transformación dixital aos cales pode optar: redes sociais, publicidade, creatividade e auditorÃa web.
Unha vintena de representantes de pemes (comercio, hostalarÃa, servizos…) interesouse por esta acción que, segundo indicou a edil Amparo Cerecedo, non só posibilitará a adaptación da súa actividade económica ao contexto actual e sacar proveito do uso das novas tecnoloxÃas, senón que tamén é unha oportunidade de tecer rede entre as persoas emprendedoras instaladas no Coworking da Pobra, incluÃdo na Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo, e negocios que xa contan cun espazo fÃsico na localidade, creando asà sinerxÃas.
A xornada explicativa desenvolveuse na tarde do dÃa 24 de abril, en dous horarios, coa finalidade de facilitar a asistencia.