Kroll é a aplicación para o iPhone que mellor se está a vender actualmente

martes, 7 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Os gráficos tridimensionais do xogo son o seu punto forte

Trala súa chegada á App Store, estaba claro que o xogo catalán Kroll para o iPhone e o iPod Touch ía ser todo un éxito, e o acceso á tenda de aplicacións de Apple o deixa claro agora, pois este xogo vén de converterse na aplicación de pago máis descargada nos últimos días.
O xogo de Digital Legends ten un prezo moderado (5,99 euros) presentando uns gráficos tridimensionais sen precedente no iPhone, entendéndose así o seu éxito, que demostra así que o desenvolvemento de xogos para móbiles pode ser moi rendible incluso para o mercado español, pois consigue uns ingresos importantes sen esixir uns investimentos millonarios como acontece cos xogos para as consolas de nova xeración.

Os responsables de Kroll retratados dende Applesfera

Hai que destacar que Kroll é un xogo moi traballado, cun sistema de control bastante orixinal e unha dificultade progresiva, que leva ao xogador a non frustrase inicialmente, para poder collerlle o gusto ao primeiro xogo de Digital Legends para o iPhone, plataforma para a que pensan seguir a traballar (polo que nuns meses incluso poderiamos ver un Kroll 2).

PUBLICIDADE