Kudrone, un pequeno dron con cámara 4K que arrasa en Indiegogo
luns, 20 de marzo do 2017- O Kudrone mide só 174 x 174 x 43 milÃmetros e pesa 85 gramos
Unha nova campaña de micromecenado está a conseguir unha
resposta masiva, de xeito que en poucos dÃas xa multiplica por 8 a súa meta de
financiamento, xa que ofrecen a posibilidade de facerse cun Kudrone a un prezo reducido.
O Kudrone descrÃbese como un nano-dron potente e barato, que serÃa capaz de
gravar vÃdeo en 4K ou Full HD, disparar fotografÃas de 3.280 x 2.464 pÃxeles,
contar con función de seguimento con GPS, ter baterÃas intercambiables, ser
capaz de posicionarse con precisión... e todo nun corpo de 3,7 polgadas, ou
sexa, que poderÃa sosterse na palma da man.
Ao estar equipado con GPS, sensores de visión intelixente,
acelerómetro/xiroscopio de 3 eixes, compás magnético e barómetro serÃa capaz de
manter a estabilidade en cada disparo. PoderÃa controlarse de xeito doado a
través de aplicacións móbiles para iOS e Android (dende a que verÃase a imaxe
captada polo dron a 720p cun retardo de só 160 milisegundos), incluirÃa un par
de baterÃas de 650 mAh para poder gozar de voos de até 8 minutos e incluso
entregarÃase cunha tarxetas microSD de 16 GB e iniciarÃa o seu envÃo aos
mecenas no mes de xullo.
Pero o máis rechamante é que o prezo polo que pode adquirirse agora o
Kudrone en Indiegogo é de 109 dólares (125 euros cos gastos de envÃo
incluÃdos), prezo extraordinariamente baixo para un produto que deberiamos ver
con certa desconfianza, xa que non estamos ante unha campaña de Kickstarter, nas
que habitualmente hai prototipos funcionais do produto final, de xeito que as
imaxes e vÃdeos cos que promocionan o Kudrone son claramente simulacións que
poden afastarse moito do resultado final, á vez que é moi probable que os
prazos de entrega tampouco cheguen a cumprirse.
VÃdeo promocional da campaña de micromecenado do Kudrone