Kyocera Echo: móbil con Android e 2 pantallas táctiles
martes, 8 de febreiro do 2011
A compañÃa nipona
Kyocera presentou o orixinal móbil Kyocera
Echo, que sorprende ao contar con dúas pantallas de 3,5 polgadas que ao
unirse forman unha de 4,7 polgadas cunha resolución de 800 x 960 pÃxeles. Cando
o terminal está pechado compórtase coma un móbil táctil máis con Android 2.2,
pero ao despregar a pantalla secundaria o dispositivo pode operar en 3 modos
distintos: unha aplicación en cada pantalla, fusión de ambas pantallas para
operar como unha única de grande tamaño ou con aplicacións optimizas que
repartan contidos en ambas pantallas.
O Kyocera Echo funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon QSD8650 a 1 GHz, coma
o do Nexus One, polo que non estamos a falar dun terminal á última, especialmente se tempos en conta que imos a pedirlle que
debuxe o dobre de memoria de vÃdeo. Conta con Wi-Fi, cámara de 5 MpÃxeles capaz
de gravar vÃdeo a 720p, 512 Mb de RAM, 8 Gb de almacenamento nunha tarxeta
microSD e baterÃa de 1.370 mAh, sendo a súa principal incógnita se veremos o
móbil fóra do Xapón, posto que Kyocera non é un fabricante que actualmente teña
acordos coas operadoras de telefonÃa móbil occidentais.
- A dobre pantalla táctil é a caracterÃstica máis rechamante do Kyocera Echo