LEGO Batman 3 chegará ás tendas o 12 de novembro
martes, 26 de agosto do 2014
Warner Bros. Interactive Entertainment anunciou hoxe a data
de lanzamento oficial do xogo LEGO Batman
3: Más Allá de Gotham, que finalmente veremos nas tendas europeas o 12 de
novembro nas súas versións para Xbox One, Xbox 360, PlayStation 4, PlayStation
3, Wii U, Nintendo 3DS, PlayStation Vita e PC.
O novo xogo segue os pasos da anterior entrega de LEGO Batman, co gardián de Gotham unindo forzas con outros superheroes
de DC para loitar contra o mal. Desta volta é Brainiac o malvado que ameza con
destruÃr o planeta Terra, e para evitar que cumpra cos seus plans non chegará
con que os bos entren en acción, senón que tamén deberán recrutar aos viláns
para recoller aneis de lanterna por distintos planetas e asà poder deter a
Brainiac antes de que sexa demasiado tarde.
Estamos ante o xogo máis ambicioso de LEGO até o momento, con máis de 150
personaxes xogables, que van dende os membros da Justice League até a aparición
estelar de Adam West (actor que encarnaba a Batman na serie televisiva de
1966).
Último trailer do xogo de Traveller’s Tale baseado en LEGO Batman