LEGO Batman 3 estrea versión para iOS
luns, 29 de xuño do 2015
En novembro
puidemos ver como LEGO Batman 3: Más Allá
de Gotham chegaba ás principais consolas de videoxogos, e desta volta é
a quenda dos dispositivos móbiles, de xeito que xa está dispoñible
para smartphones e tabletas de Apple a un prezo de 4,99 euros, o que abre á
porta a un completo xogo que integra compras dentro da aplicación.
Este novo LEGO Batman ofrece máis de
100 personaxes con incribles poderes e habilidades, xa que para loitar contra a
ameaza de Brainiac non só teremos á Liga da Xustiza, senón que numerosos
malvados do Universo DC participarán tamén nesta loita pola supervivencia do
planeta Terra.
O xogo conta con 45 misións no espazo exterior, nos planetas das distintas lanternas
(como Zamaron e Odym) e tamén en localizacións que resultarán moi familiares (a
Sala da Xustiza, a Batcova...). LEGO
Batman 3 irá recibindo actualizacións que achegarán máis personaxes como
unha versión do futuro de Batman ou incluso o Batman que podiamos ver nos
primeiros anos da TVG (interpretado por Adam West).
LEGO Batman 3: Más Allá de Gotham permite
alternar entre controis clásicos e os da pantalla táctil (para atopar o estilo
que máis se adapte a nós) e precisa de 2,3 GB de almacenamento libre no caso de
descargalo a través de Wi-Fi (1,15 GB no caso de realizar a descarga a través
dun ordenador).
Trailer da versión para iOS de LEGO Batman 3