LEGO Dimensions chegará a España en setembro
venres, 8 de abril do 2016
O
pasado mes de setembro saÃu á venda o xogo LEGO Dimensions, como un deses
tÃtulos que combina bonecos fÃsicos coleccionables con aventuras dentro das
consolas de videoxogos, que tanto éxito tiveron nos anos, pero curiosamente
este tÃtulo de TT Games deixou de lado o mercado español, de xeito que os que
querÃan facerse con este xogo mesturaba personaxes tan variados como os
protagonistas de Regreso ao Futuro,
Batman, Superman, o Doutor Who, os Cazafantasmas, Scooby-Doo, Gandalf, Bart
Simpson ou os personaxes de La LEGO
PelÃcula, tiñan que facerse cunha copia de importación, algo moi pouco
habitual no noso territorio, e ao que van pór remedio, aÃnda que con pouca
presa, xa que veñen de confirmar que LEGO
Dimensions comercializarase en España o
vindeiro mes de setembro.
Non se entende moi ben como é posible que este xogo para Xbox 360, Xbox One,
PlayStation 3, PlayStation 4 e Wii U chegue a España cun ano de retraso, aÃnda
que é posible que os responsables da súa distribución decidisen restrinxir
xeograficamente a súa comercialización durante os primeiros meses para evitar
os problemas de provisión dos lotes de figuras para este tÃtulo, como aconteceu
no seu dÃa coas figuras Amiibo de Nintendo, e que unha vez estabilizada a
demanda decidisen abrir o xogo a novos mercados, o que farán dignamente, xa que
o xogo chegará localizado en texto e voces.
LEGO Dimensions achega unha
experiencia semellante aos moitos xogos da franquÃa LEGO, pero coa diferenza de
mesturar personaxes e escenarios de distintas marcas, dando pé a situación
inéditas e sorprendentes, como as
áreas secretas dos Simpson, nas que podemos visitar escenarios que
corresponderÃan aos seus equivalentes pasados e futuros (os Picapedra e os
Supersónicos).