LEGO Indiana Jones destaca entre os vindeiros Xogos con Gold
xoves, 29 de outubro do 2020
Tras
uns meses cunha oferta de xogos mensuais pouco coidada, en novembro os Xogos
con Gold resultan máis aceptables, comezando por Aragami:
Shadow Edition, un xogo de sixilo en terceira persoa desenvolvido polo
estudio barcelonés Lince Works que está a ultimar a súa secuela, de aà que o
acceso a este xogo para Xbox One resulte moi oportuno.
O outro tÃtulos para Xbox One do mes de novembro será o xogo de disparos ¡Swimsanity!,
que podemos definir como unha auténtica tolerÃa subacuática con modos
competitivos e cooperativos dispoñibles en liña ou en local, de xeito que temos
un produto que aÃnda que non sexa unha superprodución achega moita diversión cos
amigos.
Como primeiro xogo retrocompatible do mes temos Full
Spectrum Warrior, orixinario da primeira Xbox (aÃnda que está mellorado
para Xbox One X) e que vén a ser un xogo de acción táctica no que controlamos a
un xefe de escuadra que ten que dirixir misións de combate en contornos urbanos
ofrecendo unha experiencia moi realista. De feito, coméntase que o xogo comezou
como unha axuda nos adestramentos do Exército dos EE.UU. para reforzar a doutrina
do Exército e o esforzo conxunto entre as tropas.
Pero a estrela do mes é un xogo moito menos violento, dirixido a toda a familia,
LEGO
Indiana Jones: La trilogÃa original, adaptación das tres primeiras
pelÃculas de Indiana Jones pasadas polo filtro de LEGO, polo que temos acción e
diversión asegurada. O xogo é orixinal de Xbox 360, pero pode xogarse sen
problema nas consolas seguintes.
Dado que en novembro chegan as novas Xbox, queda por ver se os Xogos con Gold
sufrirán algunha modificación, chegando a ofrecer algún xogo para Xbox Series
S/X.