O LG Wine Smart podería achegar a mensaxería instantánea aos maiores (coreanos)
luns, 22 de setembro do 2014
No mercado surcoreano está a ver a luz un smartphone
bastante rechamante, o LG Wine Smart,
que destaca por adoptar o clásico formato de cuncha, no que parece unha simple
proposta para permitir que os usuarios menos afeitos aos teléfonos máis
avanzados poidan realizar un achegamento a servizos como WhatsApp sen prescindir
dunha interface de uso tradicional.
O LG Wine Smart funciona cun procesador de catro núcleos a 1,2 GHz, ten 1 Gb de
RAM, 4 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante microSD), pantalla de
3,5 polgadas cunha resolución de só 480 x 320 píxeles, cámaras de 8 e 0,3
Mpíxeles, conectividade 4G, radio FM, Wi-Fi, Bluetooth 4.0, batería de 1.700
mAh, unhas dimensións de 118,6 x 59,4 x 16,9 milímetros e un peso de 140,8
gramos, que podemos entender que está orientado a un público de certa idade se
atendemos ao feito de que integra un altofalante de 1 W, característica moi
apreciada polos usuarios con dificultades auditivas.
- O LG Wine Smart parece orientarse a un público de avanzada idade ao que achegar as prestacións dun smartphone nun formato de teléfono máis tradicional