LG achega a comodidade e o deseño ás lentes 3D
martes, 27 de decembro do 2011
- As novas lentes F320, F360 e F310 de LG son máis lixeiras que as súas predecesoras
Gozar de contidos 3D con lentes pode ser unha experiencia
tan incómoda como anti estética, e pensando niso LG
Electronics presentou unha nova colección de lentes 3D, incluÃndo un par do
deseñador Alain Mikli, que poranse á venda no primeiro trimestre de 2012. Os
novos modelos serán as lentes F310, o acople
F320 (para quen use lentes graduadas) e as Alain Mikli F360, e son máis lixeiras
e cómodas que outras lentes semellantes, o que agradecerán quen teña
televisores ou monitores LG CINEMA 3D ou mesmo quen queira empregalas no cine
sen ter que levar as lentes que comercializan nas salas cinematográficas (que
non destacan pola súa comodidade e lixeireza).
Estas lentes pasivas resultan moito máis cómodas que as activas (argumento que
levou a LG a apostar por esta tecnoloxÃa) e, ao carecer de compoñentes
electrónicos, son máis lixeiras e económicas, o que permite que toda a familia
poida contar cun par (de feito, os televisores de LG normalmente inclúen varios
pares de lentes, aÃnda que tamén poden mercarse máis a prezos moi asumibles).
No que a peso se refire, as F310 pesa só 13,5 gramos (un 20% menos que as
lentes anteriores de LG), mentres que as Alain Mikli F360, que conta cun deseño
máis deportivo, só pesa 16 gramos. No caso das F320, estes acoples só incrementan o peso das nosas lentes graduadas en 5,5
gramos, polo que apenas se notará o seu uso mentres se goza de contidos
estereoscópicos.
- As novas lentes de LG buscan casar comodidade e estética