En poucos días LG amosará no CES de Las Vegas unha nova versión do seu LG Tone Infinim (HBS-910), un accesorio que ofrece un son de alta calidade sen fíos que destaca polo seu deseño fino e elegante, e que poderá atoparse nas tendas norteamericanas no mes de febreiro, para chagar un pouco despois a Europa.
Esta especie de colar actúa como receptor Bluetooth, e agocha no seu interior o cable dun par de auriculares que ten nos seus extremos, de xeito que é un produto bastante discreto cando non está en uso. Aparte de como solución para escoitar música, o LG Tone Infinim tamén serve de mans libres para realizar chamadas, para o que incorpora dobre micrófono para a cancelación de ruído, permitindo así que poida realizarse unha chamada en ambientes ruidosos e incluso conta con funcionalidades para gravar conversas (a xeito de recordatorio) e localizar smartphones extraviados.
LG actualiza o seu colar con auriculares
Compartir Este Artigo

