LG amosa na IFA os seus televisores curvos OLED 4K de 77 polgadas
venres, 6 de setembro do 2013
Para chamar a atención durante a feira IFA de BerlÃn, LG
Electronics optou por levar ao evento os seus novos televisores OLED de ultra
alta definición que buscan unha experiencia máis inmersiva grazas á curvatura
da súa pantalla e seguen os pasos aos televisores OLED curvos de 55 polgadas, chegando desta volta
ata as 77 polgadas, polo que serÃan os televisores OLED máis grandes do
mercado.
Estes televisores achegan unha experiencia audiovisual comparables ás do cine
IMAX, enchendo a área de visión do usuario máis que unha pantalla plana, que
xunto cunha alta relación de contraste e unha definición de 4K (equivalente a 4
pantallas Full HD) consegue unhas imaxes cunha calidade excepcional.