LG amplÃa a súa familia de auriculares sen fÃos
luns, 15 de setembro do 2025
LG Electronics anunciou a ampliación da súa gama de auriculares sen fÃos coa chegada dos xboom Buds Plus e Buds Lite, que se suman ao modelo orixinal lanzado en xaneiro. A compañÃa busca asà consolidar a súa presenza no segmento de audio persoal con dispositivos que combinan calidade sonora, comodidade e autonomÃa.
Os novos modelos manteñen a aposta por unha experiencia inmersiva, con drivers de grafeno lixeiros que ofrecen un son claro e con graves profundos, tecnoloxÃa de cancelación activa de ruÃdo, conexión Bluetooth 5.4 con emparellamento múltiple e unha baterÃa de ata 10 horas de reprodución (30 horas co estoxo de carga), que no caso dos Buds Lite elévase ata 11,5 horas (35 co estoxo). Ademais, todos dispoñen dun deseño ergonómico con distintos tamaños de almofadas e ganchos de suxeición.
No caso dos Buds Plus, LG incorpora funcións avanzadas como a ecualización adaptativa en tempo real, un sistema de micrófono triplo que mellora tanto a cancelación de ruÃdo como a claridade nas chamadas, e a ferramenta de Optimización de Cancelación de RuÃdo dispoñible na aplicación xboom Buds. O estoxo integra a tecnoloxÃa UVnano, que elimina ata o 99,9 % das bacterias mentres se cargan os auriculares, e tamén soporta carga sen fÃos. Como engadido, inclúe a función Plug & Wireless, que permite usar o estoxo como transmisor Bluetooth en dispositivos sen conectividade, e compatibilidade con Auracast para compartir audio en múltiples equipos.
Os Buds Lite están orientados a quen busca unha experiencia sinxela, cun deseño máis lixeiro e comodidade de uso prolongado. Ofrecen cancelación de ruÃdo moderada e catro modos de ecualización personalizables, pensados para adaptar a escoita a distintos contextos, desde o lecer na casa ata o traballo en cafetarÃas.
LG confirmou que os dous novos modelos estarán dispoñibles nos principais mercados internacionais a partir de setembro.
