LG anuncia un ultraportátil que fai bo caldo cos móbiles

mércores, 10 de novembro do 2010 Marcus Fernández

A tecnoloxía SmartPOP facilita a comunicación entre o móbil e o novo ultraportátil de LG

Aínda que os tablets estean a eclipsar ao ordenadores ultraportátiles, estes continúan a evolucionar, e estes días preséntase en sociedade o LG X170, que funciona cun procesador Intel Atom N550 de dobre núcleo (ou N455), 1 Gb de RAM, 250 Gb de disco duro, tarxeta gráfica Intel GMA 3150, pantalla LED de 10,1 polgadas cunha resolución de 1.366 x 768 píxeles (ou de 1.024 x 600 píxeles no modelo máis básico), Bluetooth 3.0 e soporte para a tecnoloxía SmartPOP de LG, que facilita o acceso completo ao móbil dende o PC, para marcar e recibir chamadas, sincronizar datos con Outlook, xestionar mensaxes de texto e incluso transferir ficheiros.
Este equipo sairá á venda en Corea do Sur por un prezo de entre 630.000 e 670.000 wons (411,32 – 437,44 euros), aínda que as súas posibilidades poderían levar á súa comercialización por parte de compañías de telefonía móbil asociando o equipo á compra dun móbil LG co que comunicarse.

PUBLICIDADE