LG anuncia unha nova impresora fotográfica de peto
martes, 24 de decembro do 2013
LG continúa a debullar os produtos que levará ao Consumer
Electronics Show (CES) de Las Vegas a primeiros de xaneiro, entre os que
sorprende ver que a súa impresora fotográfica de peto estreará sucesora, dando
a entender que aÃnda existe demanda deste tipo de produto. A LG Pocket Photo 2
é un dispositivo de 120 x 76 x 20 milÃmetros que pode conectarse a iOS, Android
e Windows 8 a través de Bluetooth (de xeito doado se contamos con NFC) e
imprime pequenas fotografÃas cunha resolución de 313 x 600 puntos por polgada.
Emprega un papel fotográfico especial que pode lembrarnos ás vellas Polariod
(pois non precisa tinta para trasladar as fotografÃas ao papel) e o trebello
pode empregarse comodamente en mobilidade ao contar cunha baterÃa con autonomÃa
para unhas 30 impresións.
- A LG Pocket Photo 2 funciona con papel fotográfico sen tinta