LG combina ultra alta definición e HDR nos seus novos televisores OLED
mércores, 26 de agosto do 2015
LG continúa a avanzar detalles do que deixará ver a semana
que vén na feira IFA de BerlÃn, e entre as súas grandes apostas está levar un
paso máis adiante a evolución dos televisores, introducindo as últimas
tecnoloxÃas nunha mesma pantalla, de xeito que amosará
televisores de 65 e 55 polgadas de ultra lata definición, HDR e OLED, e incluso
cun modelo curvo. Temos asà que moitas das tecnoloxÃas consideradas a
imporse nos vindeiros anos poderÃan casar nos últimos televisores, de xeito que
podemos entender que a súa principal barreira para a súa popularización serÃa a
baixada de prezo e non atrancos técnicos.
LG leva tempo apostando polas pantallas OLED, como un xeito de ofrecer imaxes
cun negro perfecto e unha boa
reprodución da cor, converténdose nunha tecnoloxÃa ideal para visualizar
contidos en HDR (sistema de representación do vÃdeo que para moitos resulta
máis impresionante que o salto de Full HD a 4K, de aà que estea a coidarse
bastante nos últimos meses). Os novos televisores de LG serÃan compatibles con
HDR tanto a través de streaming como
de fontes externas (aÃnda que polo momento este tipo de vÃdeo ten moi pouco
presenza comercial).
Os televisores LG EF950 serÃan as primeiras pantallas planas OLED con
resolución 4K, mentres que os 55EG9200 e 55EG9100 sorprenderÃan por presentar
un grosor de só 4,8 milÃmetros, ou sexa, que a pantalla serÃa máis delgada que
calquera dos smartphones que podemos atopar á venda, polo que estamos ante
produtos tan innovadores como atractivos visualmente. Amais, tamén apostarÃan
por webOS 2.0 como sistema operativo, ofrecendo unha das mellores experiencias
de Smart TV que podemos atopar actualmente; e para que a calidade de imaxe non
quedase descompensada, os televisores tamén incluirÃan altofalantes Harman/Kardon.
Estes novos televisores iniciarán a súa comercialización estes dÃas en Alemaña,
Corea do Sur, EE.UU. e Reino Unido, espallándose progresivamente polo resto de
mercados internacionais durante os vindeiros meses.