LG comercializa un portátil cunha pantalla externa compatible con SideShow
martes, 16 de outubro do 2007
O novo portátil LG
XNOTE R200 incorpora no seu exterior unha
pequena pantalla compatible co SideShow de Windows Vista, de xeito que permite
visualizar pequenas aplicacións (mini-gadgets)
nesta pantalla adicional dende a que consultar o correo electrónico, fotografÃas,
música, mini-xogos ou moitas outras funcións que permitirÃan, por exemplo, o
uso do portátil coma reprodutor de MP3 (uso para o que poderÃa ter unha
autonomÃa de ata 100 horas).
Este revolucionario equipo de LG está xa á venda en Corea do Sur por 2.240.000
wons (1.724 euros) e inclúe unha pantalla de 12,1 polgadas, procesador Intel
Core 2 Duo a 2,2 GHz, 2 Gb de RAM, unha tarxeta de vÃdeo ATI HD 2400 con 128 Mb
de memoria, disco duro de 160 Gb e conectividade Wi-Fi (compatible con IEEE
802.11n).