LG comercializa uns auriculares con membranas de grafeno e limpeza con luz ultravioleta
xoves, 16 de maio do 2024
LG está a lanzar globalmente os seus novos auriculares sen fÃos LG Tone Free T90S, deseñados para ofrecer un son de calidade, para o que aseguran que é unha peza chave que as súas membranas son de grafeno. O fabricante surcoreano tamén salienta que estamos ante os primeiros auriculares Dolby Atmos con soporte de Dolby Head Tracking (o que permite adaptar o son en función dos movementos da cabeza, conseguindo unha sensación de inmersión que sitúa ao oÃnte no centro).
Os auriculares LG Tone Free T90S contan con cancelación activa de ruÃdo, almofadas de xel de silicona hipoalerxénicas que se axustan perfectamente aos ouvidos, sistema de 3 micrófonos para conseguir chamadas máis nÃtidas, até 9 horas de autonomÃa que poden ampliarse até as 36 horas grazas ao seu estoxo de carga (que integra a tecnoloxÃa UVnano que elimina o 99,9% das bacterias das almofadas dos auriculares con só 10 minutos de carga na base e a súa luz ultravioleta) e tamén conta con funcións de multiemparellamento con até 5 dispositivos e multipunto con até 2 dispositivos á vez.
Estes interesantes auriculares venderanse xa poden atoparse á venda a través dalgúns distribuidores por menos de 200 euros.