LG e Rakuten estreitan a súa colaboración
mércores, 25 de setembro do 2024
LG e Rakuten TV anunciaron o lanzamento de LG Movies & TV, un novo servizo de vídeo baixo demanda que agora está dispoñible nos televisores LG en España, o Reino Unido, Alemaña e Italia. Este novo servizo permite o alugueiro, a compra e a visualización de películas, enriquecendo a experiencia de entretemento no fogar cunha ampla variedade de contidos que van dende os últimos éxitos de cinematográficos até clásicos.
Grazas á asociación con Rakuten TV, os usuarios de televisores LG teñen acceso a máis de 6.000 títulos en cada un dos catro mercados europeos onde está dispoñible o servizo.
Actualmente dispoñible en certos modelos de televisores de 2021, LG Movies & TV expandirase a todos os modelos de televisores da compañía de 2022, 2023 e 2024 para finais deste ano. Os usuarios poden acceder facilmente a LG Movies & TV dende a pantalla de inicio nos televisores LG compatibles.
A aplicación chega co servizo webOS Pay, un sistema de pagamento unificado que quere simplificar os procesos mediante o uso dun PIN único, simplificando as transaccións nos televisores de LG a un único clic co mando a distancia.