LG está a preparar televisores conectados con tecnoloxÃa de Google
luns, 7 de maio do 2012
A eclosión dos televisores conectados contrasta coas
dificultades que está a ter Google TV en consolidarse, pero parece que as
tornas comezan a cambiar, e que finalmente a compañÃa de Mountain View vai
conseguir introducirse nos televisores, sendo un salto significativo nesta
dirección o que dará LG Electronics nun par de semanas, co lanzamento do seu
primeiro televisor con Google TV, que comezará a producirse o 17 de maio en
México, segundo
vén de anunciar Ro Seogho, vicepresidente executivo da unidade de televisión de
LG a un grupo de xornalistas.
Este lanzamento de LG parece estar provocado como defensa preventiva ante a
posibilidade de que Apple lance unha liña de televisores a finais de ano ou a
primeiros do ano que vén. A compañÃa surcoreana non detallou nin os modelos nin
os prezos dos novos televisores, que inicialmente sairÃan nos EE.UU. para
avaliar a resposta do mercado para ver se amplÃan esta oferta posteriormente a
Europa e Asia.
A
tecnoloxÃa de Internet TV de Google pretende replicar o éxito de Android nos
móbiles, o que poderÃa ser posible se son varios os fabricantes que abrazan
esta solución tecnolóxica, posto que outros fabricantes están a optar por
solucións de seu (como Samsung e, hipoteticamente, Apple).