LG estrea un proxector de vídeo 3D para lentes pasivas
martes, 8 de novembro do 2011
O
LG CF3DAT é un novo proxector de vídeo 3D que estréase no mercado coreano e
que destaca por pode proxectar unha imaxe de ata 200 polgadas, cunha resolución
de 1.920 x 1.080 píxeles e cun brillo de 1.250 lumens (no modo 3D, o que
multiplica por 6 o brillo doutros proxectores semellantes), destacando polo
feito de que pertence á gama LG Cinema 3D, ou sexa, que funcionaría con lentes
polarizadas 3D (como as que podemos empregar na meirande parte das salas de
exhibición cinematográficas), máis lixeiras e económicas que as lentes activas que
empregan outros proxectores.
Este proxector tamén incorpora un sistema que converte en tempo real as imaxes
2D en 3D (para suplir a carencia de contidos estereoscópicos) e un sintonizador
de televisión, aínda que esta última característica non estará presente no LG
CF3DAA, modelo deste proxector que chegará ao mercado internacional na primeira
metade de 2012.