LG incorpora un disco duro híbrido a un novo portátil

venres, 26 de outubro do 2007 Marcus Fernández

Os ordenadores portátiles están a comezar a integrar no seu ordenador discos de memoria sólida en substitución dos discos duros tradicionais, pero agora LG estrea en Corea do Sur o seu novo portátil que incorpora un disco duro híbrido de 160 Gb que inclúe 256 Mb de memoria Flash para axilizar os seus accesos.
O E300-AP75K conta cun procesador Intel Core 2 Duo T7500 a 2,2 GHz, unha pantalla LCD de 13,3 polgadas, 2 Gb de RAM, gravadora de DVD, cámara web de 1,3 Mpíxeles, saída HDMI, tarxeta gráfica ATI Radeon X1250 (con memoria compartida) e Wi-Fi. Pesa 1,3 quilogramos e se vende a uns 1.200 euros.

PUBLICIDADE