LG introduce NFC e recoñecemento de voz nos seus sistemas de aire acondicionado

xoves, 3 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

Innovar en certas gamas de produto é cada día máis complicado, e para sorprende no sector dos sistemas de aire acondicionado LG vén de dar a coñecer o seu Whisen, que será o primeiro do mundo en integrar NFC e control por voz ata unha distancia de preto de 5 metros.
O uso do NFC cada día é máis diverso, e nesta ocasión dende LG pensaron que podía ser unha boa idea que serviría para axustar a configuración do aire acondicionado empregando etiquetas NFC ou smartphones que inclúan tal tecnoloxía.
Para completar este sofisticado produto, o LG Whisen integra unha cámara á que pode accederse dende o móbil. Poderá reservarse en Corea do Sur entre o 14 de xaneiro e o 31 de marzo, polo que chegará a tempo para o verán.

PUBLICIDADE