LG lanza un novo televisor OLED que libra de cables a súa pantalla
luns, 1 de xullo do 2024
LG Electronics presentou hoxe a nivel mundial o seu novo televisor LG OLED evo M4, que destaca por funcionar en combinación cun accesorio coñecido como Zero Connect Box, que se comunica sen fÃos coa pantalla, e que serÃa onde estarÃa toda a conectividade do televisor mediante cables (antena, entradas HDMI, portos USB...), achegando unha grande liberdade á hora de organizar o espazo no salón doméstico e conseguir unha estética máis limpa.
O novo televisor chega agora en tamaño de 65 polgadas (xunto cas versión de 77, 83 e 97 polgadas) e promete unha grande calidade de imaxe grazas ao seu procesador de intelixencia artificial LG α11. Aseguran que é o primeiro televisor en ser quen de transmtiir sen fÃos audio e vÃdeo 4K a 144 KHz.
- Os cables conéctanse a unha Zero Connect Box que se comunica sen fÃos co televisor LG OLED evo M4