LG levará ao CES o seu primeiro televisor QNED Mini LED
martes, 29 de decembro do 2020
Para LG é habitual adiantar as novidades que vai levar á feira
CES de Las Vegas, que este ano será virtual, e para
ir abrindo boca dan conta dun produto de electrónica de consumo que deixará
pegada: o
primeiro televisor QNED Mini LED de LG.
Estes novos televisores aproveitan as tecnoloxÃas NanoCell e quantum dot
e mesturándoas con iluminación Mini MED consegue uns niveis de brillo e contraste
moi superiores aos dos televisores LCD convencionais. Deste xeito temos unha
tecnoloxÃa alternativa ao OLED (na que cada pÃxel é independente) grazas á
incorporación duns 30.000 pequenos LED para retroiluminar a pantalla conseguindo
unha relación de contraste 1.000.000:1 e preto de 2.500 zonas de iluminación, conseguindo
asà un excelente efecto HDR.
Este tecnoloxÃa chega principalmente para televisores de grande formato, de
xeito que o tamaño de referencia serÃan as 86 polgadas, o que pode parecer moi
grande, pero realmente é o contrario, xa que o reto do Mini LED consiste en
reducir ao máximo o tamaño dos elementos que retroiluminan o panel,
entendéndose esta tecnoloxÃa como de transición cara ao Micro LED (que aÃnda é
unha tecnoloxÃa pouco madura e extremadamente cara).