LG presenta a súa proposta robótica para o fogar do futuro
luns, 5 de xaneiro do 2026
LG Electronics presenta no CES de Las Vegas o seu novo robot doméstico LG CLOiD, unha proposta coa que a compañÃa surcoreana quere materializar a súa visión do chamado Zero Labor Home (fogares sen traballo manual). O robot está concibido para xestionar e coordinar tarefas domésticas cotiás mediante intelixencia artificial fÃsica, reducindo tanto o tempo coma o esforzo necesarios nas labores do fogar.
O novo robot intégrase na evolución das plataformas de fogar intelixente da compañÃa, apoiándose no ecosistema ThinQ e no Self-Driving AI Home Hub (LG Q9). A súa función principal é actuar como intermediario intelixente entre as persoas e os electrodomésticos conectados, interpretando rutinas, hábitos e necesidades do dÃa a dÃa para executar accións de maneira autónoma.
Durante as demostracións en CES 2026, LG CLOiD opera en escenarios que recrean un fogar real. Nun deles, o robot é quen de retirar leite do frigorÃfico e introducir un croissant no forno para preparar o almorzo. Noutra situación, cando os habitantes saen da vivenda, encárgase de iniciar a lavadora, secar a roupa e dobrala unha vez rematado o proceso. Estas accións buscan evidenciar a capacidade do sistema para comprender o estilo de vida do usuario e controlar con precisión os electrodomésticos do fogar.
Desde o punto de vista fÃsico, LG CLOiD está deseñado para convivir en espazos habitados. Conta cunha cabeza, un torso con dous brazos articulados e unha base con rodas dotada de navegación autónoma. O torso pode inclinarse para variar a altura, o que lle permite recoller obxectos desde a altura do xeonllo ata zonas máis elevadas. Cada brazo dispón de sete graos de liberdade, cunha mobilidade semellante á dun brazo humano, e as mans incorporan cinco dedos independentes para manipulación fina.
A base con rodas emprega tecnoloxÃa de condución autónoma derivada da experiencia de LG en robots aspiradores e no propio LG Q9. Segundo a compañÃa, esta configuración prioriza a estabilidade, a seguridade e a eficiencia en custos, cun centro de gravidade baixo que reduce o risco de envorcadura en caso de contacto con nenos ou mascotas.
A cabeza do robot actúa como un centro móbil de control do fogar intelixente. Nela intégranse o procesador principal, unha pantalla, altofalantes, cámaras, sensores e capacidades de IA xerativa baseada na voz. En conxunto, estes elementos permiten a comunicación natural coas persoas mediante linguaxe falada e expresións faciais, asà como a aprendizaxe do contorno e dos patróns de uso para gobernar os dispositivos conectados.
No núcleo tecnolóxico de LG CLOiD atópase a aposta da compañÃa pola intelixencia artificial fÃsica, que combina dous modelos principais: o Vision Language Model (VLM), encargado de converter imaxes e vÃdeo nunha comprensión estruturada baseada na linguaxe, e o Vision Language Action (VLA), que transforma entradas visuais e verbais en accións fÃsicas concretas. Estes sistemas foron adestrados con decenas de miles de horas de datos de tarefas domésticas, o que permite ao robot recoñecer electrodomésticos, interpretar intencións do usuario e executar accións axeitadas ao contexto.
As capacidades do robot amplÃanse coa integración plena no ecosistema ThinQ e no hub ThinQ ON, o que lle permite coordinar servizos e dispositivos de maneira máis ampla dentro do fogar conectado de LG.
