LG presenta interesantes novidades no CES
luns, 11 de xaneiro do 2021
Unha
das compañÃas que máis abertamente apoio a celebración do CES de Las Vegas é
LG, e aÃnda que nesta ocasión o seu expositor teña
que ser virtual por mor da situación sanitaria, quixeron chamar atención cunha convocatoria de prensa de
preto de media hora na que amosaron as súas novidades en electrónica de
consumo, en solucións para loitar contra o coronavirus, en informática e
incluso en telefonÃa móbil, aÃnda que neste último caso o futuro produto só se deixou
insinuar, xa que como peche do vÃdeo dábase a entender que a presentación
estaba a verse nn LG Rollable, a alternativa aos encartables de Samsung, que
optarÃa por smartphones con pantallas que medrarÃan por un dos seus laterais á
hora de consumir contidos nun panel máis grande (tecnoloxÃa que xa amosaron
outros fabricantes no pasado, e na que Samsung tamén recoñeceu estar a
traballar dende hai anos).
Un dos detalles máis curiosos da presentación de LG foi a participación dun personaxe
virtual, a compositora e DJ Reah
Keem; que non deixou de ser unha anécdota, mentres que produtos como os
purificadores de aire da liña LG PuriCare (un con forma de máscara e outro cunha
aparencia semellante á dun altofalante portátil) ou o robot desinfectante
mediante raios ultravioleta (LG CLOi UV-C Robot) poderÃan ter certo impacto en
función do que se alongue a pandemia.
No ámbito dos televisores LG tamén amosou as súas últimas tecnoloxÃas, das que
xa avanzara detalles, gardándose un detalle para hoxe: durante
a segunda metade do ano os televisores de LG con webOS recibirán soporte nativo
de Stadia, a plataforma de xogo na nube de Google, de xeito que para gozar
de xogos como Cyberpunk 2077 ou Assassin’s Creed Valhalla non
será preciso contar cunha consola de videoxogos, senón que poderá xogarse directamente
dende un televisor cunha boa conexión de banda larga. LG será o primeiro
fabricante en recibir Stadia nos seus televisores despois de que estreen
versión para Google TV (prevista para a primeira metade do ano).
Coa vista posta nos videoxogos tamén presentaron a posibilidade de gozar de xogos en 8K a 60 imaxes por segundo en televisores OLED tirando proveito da tecnoloxÃa nVIDIA G-Sync.
Presentación de LG no marco do CES de Las Vegas