LG presenta o primeiro televisor OLED 8K do mundo
mércores, 29 de agosto do 2018
Que os contidos en 4K estean aÃnda lonxe de normalizarse non
é freo para que os fabricantes de electrónica de consumo continúen a avanzar na
resolución das súas pantallas, e aproveitando a celebración da feira IFA en
BerlÃn LG quere captar a atención presentando o
primeiro televisor OLED 8K do mundo, que nun panel de 88 polgadas conta con
7.680 x 4.320 pÃxeles, ou sexa, máis de 33 millóns de pÃxeles que producen unha
imaxe de impresión, coa relación de contraste e os negros puros propios das
pantallas OLED.
AÃnda que os televisores OLED continúan a ser un luxo, de aà que teñan unha
presenza comercial moi limitada, dende LG confÃan en que este ano peche co
dobre de unidades vendidas, chegando até os 9 millóns de unidades en 2022 de
manterse o ritmo. No caso dos televisores 8K son máis prudentes, e consideran
que para superar os 5 millóns de unidades terán que esperar ao 2022.