LG presenta un elegante proxector compacto

venres, 29 de decembro do 2023 Marcus Fernández

O LG CineBeam Qube é un novo proxector de vídeo compacto con resolución 4K que achega experiencias cinematográficas a espazos interiores que destaca por un deseño elegante que busca que case coa decoración do fogar e que sorprende por incluír cunha manivela nun lateral.
Este novo proxector láser é capaz de crear unha imaxe de até 120 polgadas cunha resolución de 3.840 x 2.160 píxeles e unha relación de contraste de 450.000:1. Tamén integra tecnoloxía de axuste automático, de xeito que as imaxes vense nítidas en cada uso sen ter que facer realizar axustes de enfoque manualmente.
O LG CineBeam Qube funciona con webOS 6.0, de xeito que pode acceder de xeito nativo á meirande parte das plataformas de streaming, e cando non está reproducindo vídeo pode amosar imaxes que axudan a ambientar o noso espazo.
Este dispositivo só mide 135 x 135 x 80 milímetros, pesa 1,49 quilogramos e está destinado a espazos interiores pouco iluminados, xa que o seu brillo limítanse a 500 lumenes.

PUBLICIDADE