LG presenta un módulo de cámara con zoom óptico de 4-9x

martes, 27 de decembro do 2022 Marcus Fernández

LG Innotek vai amosar no CES de Las Vegas un módulo de cámara para smartphones que destaca por contar cun teleobxectivo con zoom óptico, de xeito que podería varias entre un zoom 4x e un zoom 9x de xeito libre e nun único módulo, o que permite aforrar espazo nos smartphones á vez que se consegue unha grande versatilidade da cámara para fotografía e vídeo. Para que as imaxes poidan ter calidades cando se emprega o zoom o sensor incorpora estabilizador óptico de imaxe.
O zoom óptico permite achegarnos a obxectos a distancia sen perder calidade na imaxe, e grazas a este novo módulo será posible gozar desta prestación en cámaras de móbiles que poderán evitar que a súa cámara sobresaia na parte traseira grazas a que o módulo conseguiu reducir enormemente o seu grosor.
Este módulo de cámara está optimizado para móbiles cun procesador Qualcomm Snapdragon 8 Gen 2, de xeito que é bastante probable que a primeiros do ano que vén haxa algún fabricante que o integre nalgún dos seus móbiles insignia, para destacar por unha característica que poden apreciar moitos usuarios.

PUBLICIDADE