LG presenta un monitor OLED cun refresco de 480 Hz
luns, 18 de novembro do 2024
Para os xogadores máis esixentes LG presenta o seu novo monitor LG UltraGear OLED GX7 (modelo 27GX90A), que presenta un panel de 27 polgadas cunha resolución de 2.560 x 1.440 pÃxeles e unha velocidade de refresco de 480 Hz, converténdose na pantalla OLED QuadHD máis rápida do mercado.
Estamos ante unha pantalla con certificación VESA DisplayHDR True Black 400 (deixando constancia do seu nivel de brillo para reproducir contidos con alto contraste dinámico), é compatible coas tecnoloxÃas nVIDIA G-Sync e AMD FreeSync Premium Pro, conta cunha capa de protección contra os reflexos e pode conectarse tanto mediante DisplayPort 2.1 como HDMI 2.1.
Está previsto que chegue ao mercado en xaneiro, que nos EE.UU. terá un prezo de 999,99 dólares.