LG presenta un novo móbil HSDPA con televisión e GPS

venres, 10 de agosto do 2007 Marcus Fernández

As últimas tendencias en telefonía móbil parecen dar a entender que a tecnoloxía HSDPA se vai converter nun estándar de facto para a transmisión de datos móbil en moi pouco tempo, polo que os fabricantes xa están a incorporar novos terminais á súa oferta, estreándose en Corea do Sur o LG SH150 que permite recibir datos ata a 7,2 Mbps (unha velocidade bastante superior á da meirande parte de conexións de banda larga en España) e que tamén permite recibir televisión dixital terrestre (mediante DMB) na súa grande pantalla, que tamén serve para amosar imaxes do seu reprodutor multimedia ou para ver as imaxes do GPS incorporado.
Agardemos que preparen pronto unha versión axeitada para o mercado europeo (que debería substituír a tecnoloxía DMB por DVB-H).

PUBLICIDADE