LG presenta un novo televisor 3D con lentes pasivas
venres, 9 de setembro do 2011- A tecnoloxÃa LG Cinema 3D opta por lentes pasivas para reducir o seu prezo e resultar máis lixeiras
Mentres os
televisores con pantallas 3D sen lentes
algúns fabricantes optan por lentes pasivas para achegar ao público ás imaxes
estereoscópicas, ante unha pretendida menor fatiga visual e unhas lentes de
menor peso e prezo. Nesta liña LG presenta un televisor de 20
polgadas da gama LG Cinema 3D que busca fortalecer a presenza na marca
entre os televisores de pequeno tamaño e que porase á venda inicialmente en
Corea do Sur por 599.000 wons (402,72 euros) o que pode non ser tan elevado
como parece se temos en conta que estamos ante unha pantalla Full HD á que
podemos conectar discos duros externos ou memorias USB para a reprodución de
imaxes e vÃdeos, asà como reprodutores Blu-ray e consolas de videoxogos para
poder gozar de imaxes en 3D.
LG tamén incorpora neste tipo de televisores unha tecnoloxÃa que permite ver en
3D imaxes en 2D, para poder suplir a carencia de contidos en 3D que hai na
actualidade. Co televisor inclúense unhas lentes 3D normais e outras con formato clip para poder acoplarse a lentes graduadas de xeito cómodo.
- O novo televisor 3D de LG pretende achegar a estereoscopÃa aos televisores de pequeno tamaño