LG presenta un televisor OLED de 55 polgadas e só 4 milÃmetros de grosor
mércores, 23 de maio do 2012- O novo televisor de LG destaca polos seus 4 milÃmetros de grosor
LG
presentou hoxe na Salle des Etoiles (Mónaco) o seu novo televisor OLED de 55
polgadas que inicia unha nova era en calidade de imaxe e deseño, que conta
cunha tecnoloxÃa OLED que ofrece pÃxeles de 4 cores (WRGB) e un perfeccionador
cromático (creando cores máis consistentes, naturais e precisas), pode operar
tanto en 2D como en 3D, ten unha taxa de refresco de só 0,02 milisegundos
(permitindo que as imaxes en movemento non deixen estelas) e destaca
especialmente pola súa estética, que grazas á tecnoloxÃa do seu panel (que non
precisa de retroiluminación) permite que a pantalla teña un grosor de só 4
milÃmetros. Tamén é lixeiro, polo que poderÃa pendurarse dunha parede dun xeito
discreto coma se fose un cadro.
Este televisor chegará ao mercado europeo na segunda metade do ano a
un prezo que poderÃa estar preto dos 9.000 euros, e para aproveitar as súas
caracterÃsticas 3D permite o acceso a contidos premium repartidos entre as máis de 1.200 aplicacións de Smart TV e
na canle 3D World de LG. Tamén é posible achegar contidos ao televisor dende
portátiles, móbiles, tablets e memorias externas grazas á funcionalidade Smart
Share Plus.