LG presenta unha pantalla integrada nun maletÃn
venres, 25 de agosto do 2023
LG
anunciou hoxe o lanzamento mundial da súa pantalla LG StanbyME Go (modelo
27LX5), que consiste nunha pantalla táctil de 27 polgadas cun sistema de altofalantes
de 4 canles que suman 20 watts que chega integrada nun maletÃn, de xeito que
facilita o seu uso en mobilidade.
Esta pantalla chega cunha baterÃa con autonomÃa de até 3 horas, e permitirÃa
gozar de pelÃculas, xogos e outras funcións propias dun Smart TV tanto en
interiores como en exteriores. O propio maletÃn tamén resulta práctico para
transportar cables e o mando a distancia.
Esta pantalla pode empregarse en modo mesa (por exemplo, para gozar de xogos de
mesa) e tamén con distintos ángulos de inclinación e rotación, para que asÃ
poida aproveitarse nunha grande variedade de espazos e condicións, converténdose
nun produto moi interesante cando se estea de viaxe ou excursión.
Como calquera outra pantalla con webOS, a LG StanbyME GO pode conectarse de
xeito doado a dispositivos móbiles para recibir contidos dos mesmos. Esta previsto
que o produto comece a venderse en España no mes de setembro.
- O novo produto de LG pode resultar moi atractivo para levar en excusións nas que se queira gozar de contidos audiovisuais