LG presenta uns auriculares sen fíos con botón para o asistente e o tradutor de Google

martes, 21 de agosto do 2018 Marcus Fernández

A poucos días da feira IFA de Berlín LG adianta unha das novidades que levará: a renovación dos seus auriculares sen fíos que lévanse pendurados no pescozo. Os novos LG TONE Platinum SE (modelo HBS-1120) destacan por levar un botón dedicado para invocar o asistente de Google, mentres que os LG TONE Ultra SE (modelo HBS-835S) integran un altofalante externo.
Os auriculares LG TONE Platinum SE serían os primeiros desta categoría en incorporar un botón para chamar ao asistente de Google sen ter que dicir «OK Google», o que consegue unha resposta máis rápida. Como interesante engadido, os auriculares tamén poden empregarse para usar o tradutor de Google, sen ter que andar a invocar a Google coa frase de activación, facilitando unha comunicación rápida e máis natural con persoas que falen noutra lingua.
No caso dos auriculares LG TONE Ultra SE, a posibilidade de escoitar música ou chamadas a través dun altofalante externo ten como vantaxe que permite o seu uso en contornos nos que é preciso escoitar o ambiente (por exemplo, para evitar accidentes na rúa).

Os auriculares LG TONE Ultra SE integran un altofalante

PUBLICIDADE