LG quere amosar as súas novas pantallas OLED transparentes no CES
luns, 27 de decembro do 2021
AÃnda que a celebración do CES de Las Vegas semella que vai ser
simplemente testemuñal este ano por mor da COVID-19, LG continúa a adiantar
produtos que vai amosar presencialmente, entre os que destacan as novas pantallas transparentes de LG
Displays, que chegarán en distintos formatos para adaptarse a numerosas
necesidades e espazos.
As pantallas OLED Shelf consistirÃan nun par de pantallas OLED transparentes, montada unha sobre a outra (cun estante na parte superior), pensadas
para a súa instalación en salóns, e que poderÃan amosar contidos televisivos ou
obras de arte, en ambas pantallas (simultaneamente ou por separado) e, no caso
de que o que busquemos sexa precisamente amosar obras de arte, a transparencia
da pantalla facilitarÃa a súa
integración coa parede que houbese detrás. O sistema tamén conta cun panel opaco
que pode deslizarse na parte traseira da pantalla transparente, para cando
desexen verse contidos con maior calidade.
De cara a establecementos comerciais de luxo teñen un Shopping Managing
Showcase, ou sexa, unha especie de expositor cunha base de madeira sobre a que
poden colocarse produtos que figurarán detrás dunha pantalla OLED transparente,
na que pode presentarse información e gráficos que destaquen detalles sobre os
produtos, conseguindo asà unha experiencia de compra futurista.
Nun formato máis grande terÃan a Show Window, unha estrutura que integrarÃa 4
pantallas transparentes OLED de 55 polgadas, que poderÃan empregarse para
presentar texto dixital sobre produtos en escaparates ou no interior das
propias tnedas, podendo asà amosar grafismos que muden no tempo, chamando asà a
atención do público.
Tamén están a preparar unha Smart Window, pantalla OLED transparente que
estarÃa pensada para videoconferencias e presentacións na oficina.
En calquera caso, falamos da presentación dunha tecnoloxÃa, non de produtos
comerciais en si mesmo, xa que dependerá en boa medida da demanda que exista no
mercado para este tipo de produtos, que previsiblemente non veremos de xeito masivo,
pero que probablemente fagan acto de presenza en museos, tendas emblemáticas de
grandes marcas e instalacións puntuais nas que busquen crear un grande impacto
visual, demostrando o rol que poden xogar as pantallas transparentes para
enriquecer con contidos o mundo que nos rodea.
- As pantallas OLED Shelf pretenden integrarse nos fogares dun xeito innovador
- A Show Window integra 4 pantallas de 55 polgadas